BDNS (Identif.): 567854.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das subvencións as confrarías de pescadores, organizacións de produtores da pesca e demais entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por pescadores que realicen os investimentos e os gastos que se consideren subvencionables. As entidades serán sen ánimo de lucro e deben ter un ámbito territorial que inclúa a Comunidade Autónoma de Galicia e sede social nela.
Segundo. Finalidade
O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras xerais para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos destinados a investimentos en portos pesqueiros, lonxas e lugares de desembarque que faciliten o cumprimento da obriga de desembarque das capturas e o incremento do valor dos compoñentes infrautilizados das capturas.
Tamén é obxecto desta orde convocar as axudas para o ano 2021 de acordo coas bases reguladoras.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 18 de maio de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2021, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos destinados a investimentos en portos pesqueiros, lonxas e lugares de desembarque que faciliten o cumprimento da obriga de desembarque das capturas e o incremento do valor dos compoñentes infrautilizados das capturas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) (código de procedemento PE209J).
Cuarto. Importe
O crédito orzamentario para as solicitudes de axuda tramitadas durante o exercicio do ano 2021 e a plurianualidade asociada alcanza o importe de catrocentos oito mil euros (408.000,00 euros), repartidos nas seguintes anualidades:
Partida orzamentaria |
Ano 2021 |
Ano 2022 |
Total |
15.03.514A.781.1 |
240.000,00 € |
168.000,00 € |
408.000,00 € |
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde.
Entenderase como último día do prazo para a presentación de solicitudes o correspondente ao mesmo ordinal do día da súa publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.
Santiago de Compostela, 18 de maio de 2021
Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar