Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 8 de xuño de 2021 Páx. 28395

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2021 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 24 de setembro de 2018 pola que se convocan subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.3 (cooperación no ámbito de Leader), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2018 e 2019, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (código de procedemento MR710A).

A Resolución do 24 de setembro de 2018 pola que se convocan subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.3 (cooperación no ámbito de Leader), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2018 e 2019, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (DOG núm. 193, do 9 de outubro de 2018), prevé, en réxime de concorrencia competitiva, 200.00,00 € para a anualidade 2018 e 200.000,00 € para a anualidade 2019.

A pesar de que a resolución da convocatoria citada estaba prevista inicialmente para o ano 2018, as dificultades técnicas inherentes á revisión e valoración dos proxectos presentados, debido á súa temática tan diversa e número de entidades participantes en cada proxecto, unido á escaseza de persoal e carga de traballo da unidade xestora; fixeron materialmente imposible o cumprimento desta previsión inicial.

Neste senso, cómpre sinalar que os saldos inicialmente autorizados para as anualidades 2018 e 2019 xa foron automaticamente cancelados. Non obstante, nos orzamentos da Agader, en liña coa reprogramación de fondos levada a cabo a través da modificación do PDR de Galicia 2014-20 (Decisión de execución da Comisión C (2020) 8432 final, do 25 de novembro de 2020) existe, na data de hoxe, crédito adecuado e suficiente na submedida 19.30 (cooperación Leader) para resolver esta convocatoria e mesmo para levar a cabo unha ampliación de crédito que permita financiar todos os proxectos presentados ao abeiro da convocatoria que superaron a nota mínima ou de «corte».

Por outra parte, a non resolver a convocatoria podería carretar graves perxuízos económicos para os solicitantes da que de boa fe iniciaron os investimentos, sen que coa resolución da convocatoria se vaian a prexudicar dereitos ou expectativas de terceiros.

Cómpre ter en conta, ademais, que o artigo 26 das bases reguladoras, publicadas por Resolución do 30 de xullo de 2018 (DOG núm. 153, 10 de agosto), referidas ás axudas para a preparación e realización de proxectos de cooperación entre grupos de desenvolvemento rural, ao abeiro da medida Leader (submedida 19.3), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, remítese ao contido das resolucións de concesión das axudas no que respecta á delimitación do prazo máximo de execución e xustificación dos investimentos.

Neste senso, o citado artigo 26 das bases reguladoras, sinala, por outra banda, que transcorrido o prazo máximo establecido sen que se notificase resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes. A este respecto, cómpre sinalar que, ben que o prazo establecido nas citadas bases reguladoras (4 meses desde a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes) xa se excedeu de sobra, a Administración, segundo dispón o artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, está obrigada a ditar resolución expresa e notificala en todos os procedementos administrativos, calquera que for a súa forma de iniciación.

Por outra parte, o punto 3 do artigo 2 da citada Resolución do 24 de setembro de 2018 indica que as contías indicadas poderán incrementarse en función das solicitudes presentadas, sempre que teña lugar unha xeración, ampliación ou incorporación de crédito ou existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa, e que se debe publicar no DOG o aludido incremento.

Tendo en conta o sinalado nos parágrafos anteriores, que rematou o prazo para a presentación de solicitudes, que o procedemento aínda se atopa en fase de instrución e que existen dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ao financiamento da liña de axudas de que se trata, coa finalidade de facela chegar ao maior número de beneficiarios posible e cumprir mellor os obxectivos previstos inicialmente.

Como consecuencia, no exercicio das competencias delegadas polo Acordo do Consello de Dirección da Agader do 11 de xullo de 2013, que se publicou mediante a Resolución do 24 de xullo de 2017 (DOG núm. 148, do 5 de agosto),

RESOLVO:

Artigo 1

Amplíase, nos importes que se indican a seguir, a dotación orzamentaria que prevé a Resolución do 24 de setembro de 2018 pola que se convocan subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.3 (cooperación no ámbito de Leader), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2018 e 2019, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (DOG núm. 193, do 9 de outubro de 2018 ).

Aplicacións-proxectos para a anualidade 2021:

Acción

(submedida)

Aplicación Agader

Proxecto Agader

Presuposto GPT

Presuposto Feader

01/19/30

14.A1.712A.7810

2017-00001

47.814,00

35.860,50

Total

Aplicacións-proxectos para a anualidade 2022:

Acción

(submedida)

Aplicación Agader

Proxecto Agader

Presuposto GPT

Presuposto Feader

01/19/30

14.A1.712A.7810

2017-00001

47.814,00

35.860,50

Total

Conforme o exposto, a dotación orzamentaria total para o financiamento da convocatoria, para as anualidades 2021 e 2022, será a seguinte:

Aplicacións-proxectos para a anualidade 2021:

Acción

(submedida)

Aplicación Agader

Proxecto Agader

Presuposto GPT

Presuposto Feader

01/19/30

14.A1.712A.7810

2017-00001

247.814,00

185.860,50

Total

Aplicacións-proxectos para a anualidade 2022:

Acción

(submedida)

Aplicación Agader

Proxecto Agader

Presuposto GPT

Presuposto Feader

01/19/30

14.A1.712A.7810

2017-00001

247.814,00

185.860,50

Total

O crédito cofinánciase nun 75 % polo fondo Feader, nun 2,5 % pola Administración xeral do Estado e nun 22,5 % pola Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2

A ampliación da dotación orzamentaria non afecta o prazo de presentación de solicitudes nin supón o inicio dun novo cómputo do prazo para resolver.

Disposición adicional

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpor recurso potestativo de reposición ante o Consello de Dirección da Agader, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ou recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, ao abeiro do artigo 10.1.a) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da citada publicación no DOG.

Disposición derradeira

Esta resolución será aplicable desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2021

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural