Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 8 de xuño de 2021 Páx. 28436

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 855/2020).

PO procedemento ordinario 855/2020

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: Mario Moreira Gonçalves Devesa

Avogado: Santiago Ferreiro Marzoa

Demandados: Fogasa, Alcindo Moreira Carneiro

Avogado/a: letrado do Fogasa

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 855/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mario Moreira Gonçalves Devesa contra a empresa Alcindo Moreira Carneiro, sobre ordinario, foi pronunciada a resolución cuxa parte dispositiva di:

«Sentenza

A Coruña, 14 de maio de 2021

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña e o seu partido, os presentes autos 855/2020, seguidos por instancia de Mario Moreira Gonçalves Devesa, asistido polo letrado Sr. Ferreiro Marzoa, contra Alcindo Moreira Carneiro.

Decido:

Estímase parcialmente a demanda presentada por instancia de Mario Moreira Gonçalves Devesa contra Alcindo Moreira Carneiro e, en consecuencia, condeno a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 2.308,41 euros en concepto de cantidades debidas máis o xuro legal do 10 % establecido no artigo 29.3 do ET; todo isto sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que é firme e que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina».

E para que sirva de notificación en legal forma a Alcindo Moreira Carneiro, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza