Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 8 de xuño de 2021 Páx. 28435

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Pontevedra

EDICTO (SS 192/2021).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, fago saber que mediante resolución ditada no día da data, no proceso seguido en reclamación por seguridade social, rexistrado co número de seguridade social 192/2021, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), citar a Sanxenxo Explotaciones Forestales, S.L. e a Florencio Magdalena Caneda, en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan o día 16 de xuño de 2021, ás 10.20 horas, na planta 1, sala 15, edificio na rúa Hortas, para a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que tenten valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretendan comparecer ao acto do xuízo asistidos de avogado ou representados tecnicamente por graduado social colexiado, ou representados por procurador, porán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual, ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que lles sirva de citación a Sanxenxo Explotaciones Forestales, S.L. e Florencio Magdalena Caneda, expídese este edicto para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 19 de maio de 2021

O letrado da Administración de xustiza