Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 8 de xuño de 2021 Páx. 28438

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 511/2020).

Eu, Sinesio Novo Fernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 511/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Curras Celeiro contra a empresa Fondo de Garantía Salarial e Logitrans Otero, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se achega:

«Sentenza

A Coruña, 4 de maio de 2021

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, os presentes autos número 511/2020, sobre despedimento, seguidos por instancia de José Manuel Curras Celeiro, asistido polo letrado Sr. Caseiro Gómez, contra a mercantil Logintrans Otero, S.L.

Resolvo:

Admito a demanda presentada por instancia de José Manuel Curras Celeiro, asistido polo letrado Sr. Caseiro Gómez, contra a mercantil Logintrans Otero, S.L.; declaro extinguida a relación laboral con efectos desde a data desta sentenza e condeno a empresa demandada a que lle aboe a cantidade de 2.838,74 euros, en concepto de indemnización calculada a razón de 51,61 euros/día, así como os salarios de tramitación desde a data do despedimento, 15 de abril de 2020, ata a data desta sentenza, por importe de 19.869,85 euros.

Condeno así mesmo a empresa a lle aboar á parte demandante a cantidade de 8.267,95 euros como cantidade debida en concepto de salarios debidos, máis o xuro de mora do 10 % sobre a devandita cantidade.

Todo iso sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina. Dou fe».

E para que sirva de notificación na forma legal a Logitrans Otero, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de maio de 2021

O letrado da Administración de xustiza