Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 4 de xuño de 2021 Páx. 27903

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño

EDICTO (557/2016).

Eu, Luis Fernández-Arias González, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño, fago saber que no presente procedemento de xuízo verbal nº 557/2016, seguido por instancia de Preventiva Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A. fronte a Margarita Misa Fernández, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza núm. 121/2017.

O Porriño, 20 de novembro de 2017.

Vistos por min, Adriana López Barcón, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño, os presentes autos de xuízo verbal número 557/2016, seguidos por instancia da entidade Preventiva, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., representada pola procuradora Ana Pazo Irazu e asistida polo letrado Ignacio Velilla Fernández, contra Margarita Misa Fernández, en situación de rebeldía procesual, sobre reclamación de cantidade.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta pola procuradora Ana María Pazo Irazu, en nome e representación de Preventiva, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Margarita Misa Fernández a que aboe á demandante a cantidade de mil cincocentos sesenta e un euros con noventa e seis céntimos de euro (1.561,96 euros), máis os xuros legais que se computarán desde a data da reclamación extraxudicial e ata o seu completo pagamento.

Con expresa condena en custas á parte demandada.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que é firme e contra ela non cabe recurso ningún, de conformidade co disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa. Dou fe».

E ao estar a devandita demandada, Margarita Misa Fernández, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

O Porriño, 24 de abril de 2021

O letrado da Administración de xustiza