Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 4 de xuño de 2021 Páx. 27902

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Lalín

EDICTO (JVB 248/2020).

Eu, Antonio Padrón Domínguez, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Lalín, por este edicto

Anuncio:

Neste procedemento XVB 248/2020, seguido por instancia de Abanca Corporación Bancaria, S.A. fronte a José Ángel Pereira Sánchez, ditouse sentenza cuxo teor literal na súa resolución é o seguinte:

«Que, estimando a demanda formulada por instancia do procurador Sr. Jañez Ramos, en nome e representación de Abanca Corporación Bancaria, S.A., defendida pola letrada Sra. Cosmea Rodríguez contra José Ángel Pereira Sánchez, en situación procesual de rebeldía, debo declarar e declaro o vencemento anticipado do préstamo con garantía persoal 500/55101/1261/6, con data do 5 de abril de 2017, por importe de 4.000 euros, e condeno a José Ángel Pereira Sánchez a aboarlle a Abanca Corporación Bancaria, S.A. a cantidade de 2.961,60 euros, así como ao pagamento do xuro procesual establecido nos fundamentos desta resolución. Con imposición de custas á parte demandada.

Notifíqueselles a resolución ás partes en legal forma e advírtaselles que esta é firme».

Ao encontrarse o dito demandado, José Ángel Pereira Sánchez, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Lalín, 12 de abril de 2021

O letrado da Administración de xustiza