Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 4 de xuño de 2021 Páx. 27900

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Segunda)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 761/2021, JVR).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 761/2021

Xulgado de orixe/autos: DSP despedimento/cesamentos en xeral 805/2019 Xulgado do Social número 2 de Ferrol

Recorrentes: Alfonso Luis Martínez Moroño

Avogado: Antonio Grandal Pita

Recorrede/s: Fogasa, José Javier Alvariño Ríos

Avogado: letrado do Fogasa

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación número 761/2021 desta sala, seguido por instancia de Alfonso Luis Martínez Moroño contra o Fogasa e José Javier Alvariño Ríos ,sobre despedimento/cesamentos en xeral, foi pronunciada Resolución do 7 de maio de 2021 cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Estimando o recurso de suplicación interposto por Alfonso Luís Martínez Moroño contra a Sentenza do 30 de xullo de 2020 do Xulgado do Social número 2 de Ferrol, ditada en xuízo seguido por instancia do recorrente contra Jorge Javier Alvariño Ríos, a Sala revógaa no punto relativo á contía do salario regulador diario, que se fixa en en 82,65 euros, e no punto relativo á contía da indemnización, que se fixa na contía de 5.241,17 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións» ou «Concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

E para que sirva de notificación en legal forma a José Javier Alvariño Ríos, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza