Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 4 de xuño de 2021 Páx. 27898

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 40/2021-MDM).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 40/2021, seguido por instancia de Gero Vitalia, S.L. contra Jonatan Moral Urosa, Geriatros, S.A., Catijo Servicios Sociales, S.L., Geriavi S.A.U. e Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento disciplinario, se ditou a Resolución do 11 de maio de 2021 cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado Pablo Pilar López, na representación que ten acreditada da empresa Gero Vitalia, S.L., contra a Sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 dos de Ourense, do 12 de febreiro de 2020, en autos seguidos por instancia de Jonatan Moral Urosa fronte á empresa recorrente, as empresas Catijo Servicios Sociales, S.L., Geriavi, S.A.U. e Geriatros, S.A., sobre despedimento, nos cales foi citado o Fondo de Garantía Salarial, debemos confirmar e confirmamos a resolución impugnada, impoñendo á recorrente as custas do recurso, que inclúen a cantidade de cincocentos cincuenta euros (550 euros), en concepto de honorarios de cada un dos letrados impugnantes del.

Procede ordenar a perda do depósito necesario para interpor recurso e das cantidades consignadas para os ditos efectos, aos cales se dará destino legal unha vez que sexa firme esta sentenza.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo Observacións ou Concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Catijo Servicios Sociales, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza