Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 31 de maio de 2021 Páx. 26873

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Estrada

EDICTO de notificación de sentenza (145/2020).

JVD xuízo verbal de desafiuzamento 145/2020

Procedemento orixe: /

Sobre outros verbal

Demandantes: María Manuela Mayo Priegue, Manuel Amancio Salgueiro Rey

Procuradora: Cayetana Marín Couceiro

Avogado: Ramón Sabín Sabín, demandado Juan Manuel Tourís López

Eu, Demetrio Mato Bartolomé, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Estrada, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo verbal de desafiuzamento 145/2020 foi ditada a sentenza no día de hoxe cuxo encabezamento e parte dispositiva son os que seguen:

«Sentenza:

A Estrada, 9 de marzo de 2021.

Vistos por min, Ricardo Antonio López Fernández, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1, Xulgado de Violencia sobre a Muller da Estrada e o seu partido xudicial, o presente xuízo de desafiuzamento, seguido co nº 145/2020, por instancia de María Manuela Mayo Priegue e Manuel Amancio Salgueiro Rey, representados pola procuradora dos tribunais Sra. Marín Couceiro e asistidos polo letrado Sr. Sabín Sabín, contra Inés Gómez Castro e Juan Manuel Tourís López, declarado en situación de rebeldía procesual.

Debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada por María Manuela Mayo Priegue e Manuel Amancio Salgueiro Rey, representados pola procuradora dos tribunais Sra. Marín Couceiro contra Inés Gómez Castro e Juan Manuel Tourís López, declarado en situación de rebeldía procesual, e, en consecuencia, acórdase:

1. Absolver a Inés Gómez Castro de todos os pedimentos dirixidos contra ela.

2. Declarar resolto o contrato de arrendamento subscrito entre as partes no 10 de xuño de 2018, e a condena a Juan Manuel Tourís López a desaloxar o predio e polo ao dispor dos demandantes no prazo legal, con apercibimento de desaloxo.

3. Condenar Juan Manuel Tourís López a pagar a María Manuela Mayo Priegue e Manuel Amancio Salgueiro Rey, en concepto de rendas sen pagar, a cantidade que resulte de aplicar a renda pactada de 150 euros a partir de xullo de 2019 ata a efectiva entrega da posesión á demandante, e, en concepto de cantidades asimiladas á renda, a cantidade de 375,48 euros, así como ao aboamento dos xuros na forma descrita no fundamento xurídico sétimo desta resolución.

En relación con Inés Gómez Castro, as custas impóñense aos demandantes. En relación con Juan Manuel Tourís López, cada parte aboará as custas causadas pola súa instancia e as comúns por metade.

Esta resolución é susceptible de recurso de apelación en ambos os efectos ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, no prazo dos vinte días seguintes desde a notificación. Para a interposición do recurso deberá demostrarse, no momento de preparar o recurso, a consignación do depósito e demais requisitos legalmente establecidos, na conta de consignacións e depósitos deste xulgado, baixo apercibimento de non admitir a trámite o recurso.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando nesta instancia».

O anteriormente transcrito concorda ben e fielmente co seu orixinal, ao cal me remito. E para que conste, e se publique no Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación a Juan Manuel Tourís López, actualmente en ignorado paradoiro, expido este edicto.

A Estrada, 10 de marzo de 2021

O letrado da Administración de xustiza