Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 31 de maio de 2021 Páx. 26871

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cambados

EDICTO (PO 146/2018).

Eu, Marta Vecino Carballo, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cambados, fago saber que no presente procedemento, seguido por instancia de Eulogio García Muíños e Promo Bahía 2006, S.L., fronte a La Internacional Gest, Export, Import, S.L., se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«En Cambados a trinta e un de marzo de dous mil vinte e un.

Vistos por min, Mario S. Martínez Álvarez, xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cambados, os presentes autos do xuízo ordinario núm. 146/2018, no cal é parte demandante Eulogio García Muíños e a mercantil Promo Bahía 2006, S.L., representados polo procurador dos tribunais Jesús Martínez Melón e asistidos polo letrado Alberto Lastres Couto, e como parte demandada Joaquín Silles Costas, representada pola procuradora dos tribunais Silvia Freire Fernández e asistida pola letrada Isabel Fernández Buezas, e a mercantil La Internacional Gest, Export, Import, S.L., en situación de rebeldía procesual. (…)

Resolvo:

Que debo admitir e admito parcialmente a demanda interposta polo procurador dos tribunais Jesús Martínez Melón, en nome e representación de Eulogio García Muíños e da mercantil Promo Bahía 2006, S.L., contra Joaquín Silles Costas e a mercantil La Internacional Gest, Export, Import, S.L. e, en consecuencia:

– Declaro resolto o contrato outorgado o 25.5.2007 entre a mercantil Promo Bahía 2006, S.L. e a mercantil La Internacional Gest, Export, Import, Sociedade Limitada.

– Condeno a mercantil La Internacional Gest, Export, Import, Sociedade Limitada a que aboe á mercantil Promo Bahía 2006, S.L. a cantidade de trinta mil novecentos vinte e dous euros con trinta e oito céntimos (30.922,38 €), máis os xuros legais desde a data da presente resolución e ata o completo pagamento da débeda.

– Absolvo a Joaquín Silles Costas de todas as pretensións con todos os pronunciamentos favorables.

– Condeno a mercantil La Internacional Gest, Export, Import, Sociedade Limitada ao pagamento das custas procesuais causadas á mercantil Promo Bahía 2006, S.L. e á demandante ao pagamento das custas procesuais do codemandado Joaquín Silles Costas.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e pode impugnarse mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra (artigo 455 da LAC). O recurso interporase por medio de escrito presentado neste xulgado no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da notificación, e deberanse expor as alegacións en que se basee a impugnación, ademais de citar a resolución apelada e os pronunciamentos impugnados (artigo 458.2 da LAC).

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas deste xulgado e déixese testemuño desta nos autos da súa razón.

Así, por esta miña sentenza, acórdao, mándao e asínao Mario S. Martínez Álvarez, xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cambados.

E estando a devandita demandada La Internacional Gest, Export, Import, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación na forma.

Cambados, 31 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza