Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 26 de maio de 2021 Páx. 26225

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 327/2019).

PO procedemento ordinario 327/2019

Sobre ordinario

Demandante: Manuel Calvo González

Avogada: Fátima Insua Canosa

Demandados: Fogasa, Hipescar, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L., Refojo y Gonzalez, S.L., Campiñas de Laíño, S.A., administradora concursal María José Lorenzo Gómez, administrador concursal Juan Manuel Capella Pérez

Avogado/a: letrado de Fogasa, María José Lorenzo Gómez, Juan Manuel Capella Pérez

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 327/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Calvo González contra a empresa Hipescar, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L., Refojo y González, S.L., Campiñas de Laíño, S.A., administradora concursal María José Lorenzo Gómez, administrador concursal Juan Manuel Capella Pérez, Fogasa, sobre ordinario, foi pronunciada a resolución cuxa parte dispositiva di:

«Decido:

Que, estimando integramente a demanda interposta por Manuel Calvo González, contra Hipescar, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L., Refojo y González, S.L., Campiñas de Laíño, S.A., María José Lorenzo Gómez (administradora concursal), Juan Manuel Capella Pérez (administrador concursal), debo condenar e condeno as mercantís demandadas, de forma conxunta e solidaria, a aboar ao demandante a suma de 1.532,80 euros –por liquidación de vacacións a que se tiña dereito e non desfrutadas dos anos 2017 e 2018–, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución; así como ao aboamento das custas procesuais, con inclusión dos honorarios da letrada da parte demandante polo importe de 200 euros; e condeno os administradores concursais María José Lorenzo Gómez e Juan Manuel Capella Pérez, na súa soa condición de tales, a estaren e pasaren pola condena imposta ás mercantís concursadas.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non hai lugar á súa condena nesta instancia e débese observar o resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que contra ela non cabe recurso.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou os interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hipescar, S.L. e a Fidel Derivados Cárnicos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza