Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 26 de maio de 2021 Páx. 26227

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 90/2019).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 90/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Antonio Mendoza Señorans contra Tecnofi, S.A., Fogasa sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Juan Antonio Mendoza Señoráns contra Tecnofi, S.A., debo condenar e condeno á mercantil Tecnofi, S.A. a abonarlle ao demandante a suma de 5.412,96 euros brutos, polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta sentenza máis os xuros do artigo 29.3 do ET desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que incumbe á responsabilidade do Fogasa non procede a súa condena nesta instancia, debendo observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Tecnofi, S.A ., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela , 30 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza