Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 24 de maio de 2021 Páx. 25772

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Begonte

EDICTO de notificación de execución subsidiaria de xestión da biomasa e retirada de especies árboreas.

Expediente: 385/2018.

Notificación aos interesados.

Destinatarios: Hdros. Dolores Vázquez Flores.

Decreto da Alcaldía.

Iniciado o correspondente expediente de execución da xestión de biomasa e de retirada de especies arbóreas na parcela catastral 55, do polígono 97, do catastro de rústica deste municipio, con referencia 27007A0970005500000GU, por incumprimento das obrigas establecidas na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais.

Ao considerar que ao non ser posible a práctica da comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, ao titular catastral da dita parcela se lle practicou a notificación mediante o anuncio publicado no DOG nº 207, do 14 de outubro de 2020, todo iso de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ao considerar que no día de hoxe segue a incumprirse esas obrigas legais de xestión da biomasa e de retirada de especies arbóreas.

Ao considerar que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita a este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa e cuxos custos se repercutirán ás persoas responsables.

Ao considerar que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa conta os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Pola presente, de conformidade co establecido no artigo 21 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora de bases de réxime local, e artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais, en uso das facultades conferidas pola normativa vixente,

RESOLVO:

Primero. Aprobar a execución subsidiaria por parte deste concello de Begonte da xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas da parcela 5, do polígono 97, con referencia catastral 27007A097000550000GU, do catastro de rústica deste municipio, cuxo titular catastral é Hdros. de Dolores Vázquez Flores, por incumprimento das obrigas previstas na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais.

Segundo. Encomendar os traballos de execución subsidiaria, dada a carencia de medios municipais propios, á empresa Financiera Maderera, S.A., con CIF A15005499, e as persoas responsables deberán facilitar os necesarios accesos e sen que se requira autorización ningunha ao respecto.

Terceiro. A especies arbóreas retiradas serán obxecto do seu comiso e o seu destino será a súa enaxenación nos termos previstos na dita Lei 3/2007, e os importes obtidos pola venda destinaranse a sufragar os gastos derivados desta execución subsidiaria.

Cuarto. Practicar a oportuna liquidación dos custos dos traballos de execución subsidiaria e do valor das especies arbóreas retiradas.

Quinto. Notificar a presente resolución aos interesados, coa indicación dos recursos que legalmente procedan.

O que se notifica en cumprimento do establecido no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Recursos: contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñerse alternativamente o recurso de reposición potestativo, no prazo dun (1) mes contado desde o seguinte ao da recepción desta notificación, ante o mesmo órgano que adoptou o acordo, ou directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, no prazo de dous (2) meses contado desde o seguinte ao da recepción desta notificación, sen que se poida simultanear ambos os dous.

Se interpoñen o recurso de reposición potestativo, non poderán interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata a súa resolución expresa ou ata a súa desestimación por silencio, de conformidade co previsto nos arts. 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Begonte, 26 de abril de 2021

José Ulla Rocha
Alcalde presidente