Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 24 de maio de 2021 Páx. 25770

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 4 de maio de 2021 pola que se notifica a resolución do expediente de reclamación patrimonial con referencia 21/18.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, notifícaselle a José Francisco Bello Cartelle, con DNI ***5551**, a notificación de resolución, de acordo coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas, de expediente de reclamación patrimonial presentada por danos por roubo e rotura de nasas no porto de Mugardos, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no último enderezo coñecido sito en avda. Mugardos, nº 93, portal 1, baixo A, 15624 Ares (A Coruña).

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Á vista de que estamos ante unha reclamación iniciada por instancia do interesado, de acordo co artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas, notificáselle a resolución de expediente de reclamación patrimonial.

O expediente completo atópase nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia onde poderá ser examinado das 9.00 ás 14.00 horas.

O órgano competente para a resolución do expediente é o Consello de Administración da entidade pública empresarial Portos de Galicia tendo en conta a delegación de competencias realizada polo Consello Reitor do 18 de novembro de 2020, DOG número 255, do 21 de decembro, na Presidencia de Portos de Galicia. As resolucións administrativas que se adopten facendo uso das delegacións contidas nesta orde farán constar expresamente esta circunstancia e consideraranse ditadas polo órgano delegante.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala do contencioso-administrativo do xulgado correspondente da orde xurisdicional no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co establecido nos artigos 25 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan executar o recurso de reposición, ante o mesmo órgano que ditou esta resolución, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2021

Roi Fernández Añón
Director de Portos de Galicia