Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 24 de maio de 2021 Páx. 25710

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Fonsagrada

EDICTO (36/2020).

Eu, Carmen Dosuna Nieto, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Fonsagrada, polo presente, anuncio:

No presente procedemento ordinario 36/2020 seguido por instancia de Manuel Fernández Fernández fronte a Carmen Fernández Fernández, Rosario Fernández Fernández, herdeiros, Sucesores e causahabentes de José Fernández.

Francisca Fernández Pradeda ditouse sentenza, cuxo teor literal, encabezamento e parte dispositiva é o seguinte:

Sentenza.

En Fonsagrada, 9 de febreiro de 2021.

Vistos por min, Guillermo de Miguel Ferrer, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución da Fonsagrada, os presentes autos de xuízo ordinario nº 36/2020 seguidos ante este xulgado por instancia de Manuel Fernández Fernández representado pola procuradora Margarita María Figueroa Ferreiro e asistido pola letrada Nuria González Fernández; contra Carmen Fernández Fernández.

E Rosario Fernández Fernández e os que puidesen resultar herdeiros e causahabientes de José Fernández e Francisca Fernández Pradeda, en situación de rebeldía procesual.

Decido:

Desestimar a demanda interposta por Manuel Fernández Fernández, contra Carmen Fernández Fernández e Rosario Fernández Fernández e os que puidesen resultar herdeiros e causahabentes de José Fernández e Francisca Fernández Pradeda.

Condeno en custas o demandante.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de apelación que, se é o caso, deberá interpoñerse ante este xulgado dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Por esta miña sentenza da que se expedirá testemuño para incorporalo ás actuacións, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Ditouse auto de aclaración do teor literal seguinte:

Procedemento: procedemento ordinario 36/2020.

Auto.

En Fonsagrada, 2 de marzo de 2021.

Feitos:

Único. No presente procedemento ordinario rexistrado neste xulgado co número 36/2020, entre Manuel Fernández Fernández e Carmen e Rosario Fernández Fernández e os que puidesen resultar herdeiros e causahabientes de José Fernández e Francisca Fernández Pradeda ditouse sentenza en data 9 de febreiro de 2021.

A parte demandante solicita aclaración por entender que se omitiu na sentenza a mención referente a se prescribiu por petición de herdanza das demandadas e consecuentemente a aceptación da herdanza.

Razoamentos xurídicos:

Primeiro. O artigo 214 da LAC establece: «os tribunais non poderán variar as resolucións que pronuncien despois de asinadas, pero sen aclarar algún concepto escuro e rectificar calquera erro material de que adoezan». Ademais, en canto ao momento da rectificación, o seu punto terceiro dispón que «Os erros materiais manifestos e os aritméticos en que incorran as resolucións dos tribunais e secretarios xudiciais poderán ser rectificados en calquera momento».

Doutra banda, o artigo 215 dispón que «1. As omisións ou defectos de que puideren adoecer sentenzas e autos e que for necesario remediar para levar plenamente a efecto as ditas resolucións poderán ser emendadas, mediante auto, nos mesmos prazos e polo mesmo procedemento establecidos no artigo anterior.

2. Se se tratase de sentenzas ou autos que omitisen manifestamente pronunciamentos relativos a pretensións oportunamente deducidas e tramitadas no proceso, o tribunal, a solicitude escrita de parte no prazo de cinco días contados desde a notificación da resolución, logo de traslado polo letrado da Administración de xustiza da devandita solicitude ás demais partes, para alegacións escritas por outros cinco días, ditará auto polo que resolverá completar a resolución co pronunciamento omitido ou non haber lugar a completala.

3. Se o tribunal advertise en sentenzas ou autos que ditase as omisións a que se refire o punto anterior, poderá, no prazo de cinco días contados desde a data en que se dita, proceder de oficio, mediante auto, a completar a súa resolución, pero sen modificar nin rectificar o que acordase.

4. Do mesmo xeito ao establecido nos puntos anteriores procederase polo letrado da Administración de xustiza cando se precise emendar ou completar os decretos que ditase.

5. Non caberá recurso ningún contra os autos ou decretos en que se completen ou se denegue completar as resolucións a que se refiren os anteriores puntos deste artigo, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a sentenza, auto ou decreto a que se referise a solicitude ou a actuación de oficio do tribunal ou letrado da Administración de xustiza. Os prazos para estes recursos, se fosen procedentes, interromperanse desde que se solicite a súa aclaración, rectificación, corrección ou complemento, continuando o cómputo desde o día seguinte á notificación da resolución que recoñecese ou negase a omisión de pronunciamento e acordase ou denegase remediala».

Segundo. En canto o peticionado pola parte demandante, entende este xulgado que o que se pretende pola parte demandante é a modificación da decisión da sentenza por motivos de fondos, algo que excede a finalidade prevista n o artigo 214 e 215 da LAC. Ademais, volve incidir na cuestión referente á sentenza do Tribunal Supremo do 2 de decembro de 1996 e do 2 de xuño de 1987, é dicir, que o prazo de prescrición do dereito para aceptar ou repudiar a herdanza é, segundo doutrina maioritaria que descarta a súa imprescritibilidade, este que o da acción de petición de herdanza, artigo 1016 CC, que só empeza a correr desde que o posuidor dos bens exterioriza o seu propósito de facelos propios. Como xa se dixo na sentenza, a pesar de que pode existir unha vontade do demandante de apropiarse os bens referidos polas adquisicións que se documentan na demanda, non existe ningunha outra proba de tal extremo nin tampouco aparece acreditada a posesión do demandante dos bens que reclama, polo que non se pode acceder ao peticionado na demanda.

Vistos os preceptos citados e demais de aplicación.

Parte dispositiva:

Acordo non aclarar nin complementar a sentenza ditada o 9 de febreiro de 2021.

Notifíquese esta resolución aás partes facéndolles saber que é firme.

Así o acorda, manda e asina Guillermo de Miguel Ferrer, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Fonsagrada de Llobregat. Dou fe.

E atopándose o devandito demandado, Carmen Fernández Fernández, Rosario Fernández Fernández, herdeiros, sucesores e causahabentes de José Fernández Francisca Fernández Pradeda, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma este.

A Fonsagrada, 12 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza