Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento OAL 99/2020 deste Xulgado do Social, ditouse sentenza, con data do 21 de abril de 2021, contra a que cabe interpoñer recurso de suplicación no prazo de 5 días a partir da súa notificación, facéndolles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da devandita resolución na secretaría deste órgano xudicial.
E para que sirva de notificación en legal forma a Asociación A Cruz Azul, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 29 de abril de 2021
A letrada da Administración de xustiza