Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 24 de maio de 2021 Páx. 25715

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 390/2020).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 390/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Rodríguez Martínez contra Pronored, S.L.U., con intervención do Fogasa, sobre ordinario, se ditou Sentenza número 265/2021, do 28.4.2021, contra a cal non cabe interpoñer recurso de suplicación por razón da contía.

E para que sirva de notificación en legal forma a Pronored S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza