Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 24 de maio de 2021 Páx. 25705

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (XVB 802/2020).

María Dolores Prieto Rascado, letrada da Administración de xustiza e do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, por medio deste edicto anuncio:

Que neste procedemento seguido por instancia da comunidad de propietarios Carretera de La Granja, 71, fronte a María de los Ángeles López Escolante, Ricardo López Escolante, se ditou unha sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«María Isabel Suárez García, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense e do seu partido xudicial, dita a seguinte:

Sentenza.

Ourense, 21 de xaneiro de 2021.

Vistos por min, sen vista pública, os presentes autos de xuízo verbal co número 802/2020, sobre reclamación de cantidade no importe de mil oitocentos corenta euros con setenta e sete céntimos (1.840,77 €), no cal son partes: como demandante, a comunidade de propietarios Carretera de La Granja, número 71, Ourense, que compareceu no procedemento representada pola procuradora Sra. Saco Rodríguez e asistida polo letrado Sr. Julián Besteiro Álvarez; como parte demandada, María de los Ángeles López Escolante, con DNI 34914468P, e Ricardo López Escolante, con DNI 34595702E, en situación de rebeldía procesual, dítase a presente resolución baseada nos seguintes,

Seguen antecedentes, feitos e fundamentos.

Decisión:

Estimar a demanda interposta pola procuradora Sra. Saco Rodríguez, na representación da comunidade de propietarios Carretera de La Granja número 71, Ourense, contra María de los Ángeles López Escolante, con DNI 34914468P, e Ricardo López Escolante, con DNI 34595702E, e, en consecuencia debo condenar e condeno a parte demandada en canto propietaria da vivenda, piso 3º, do inmoble pertencente á comunidade de propietarios Carretera de la Granja, a aboarlle á comunidade demandante a contía de mil oitocentos corenta euros e setenta e sete céntimos (1.840,77 €) máis os xuros legais desde a estimación xudicial e os procesuais desde a presente, e custas.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que na súa contra non cabe recurso de apelación dada a contía do procedemento.

Expídase testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así o pronuncio, mando e asino».

E ao se atoparen os ditos demandados, María de los Ángeles López Escolante e Ricardo López Escolante, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación de forma legal.

Ourense, 28 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza