Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 24 de maio de 2021 Páx. 25703

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2021 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a de investigación, área de bioloxía-saúde (ciencias morfolóxicas), grupo III, en virtude de probas selectivas convocadas por Resolución do 1 de outubro de 2019.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 1 de outubro de 2019 (Diario Oficial de Galicia do 14 de outubro) para cubrir con persoal laboral fixo dúas prazas da categoría profesional de técnico/a de investigación, área de bioloxía-saúde (ciencias morfolóxicas), grupo III, unha vez comprobado que as persoas seleccionadas reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a de investigación, área de bioloxía-saúde (ciencias morfolóxicas), as persoas que superaron o proceso selectivo pola quenda de acceso libre e que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo. As persoas seleccionadas formalizarán o seu contrato no Servizo de Xestión de Persoal, situado na Casa da Balconada (rúa Nova número 6, Santiago de Compostela), no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2021

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Categoría laboral: técnico/a de investigación, área bioloxía-saúde
(ciencias morfolóxicas)
Quenda de acceso libre

Número de orde

DNI

Apelidos e nome

1

***2047**

Gómez Souto, Fernando

2

***7987**

Tarrío Deán, María Isabel