Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 24 de maio de 2021 Páx. 25544

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 83/2021, do 7 de maio, polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Baños de Molgas do treito final da estrada autonómica OU-103.

Segundo o teor do artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Concello de Baños de Molgas solicítalle á Axencia Galega de Infraestruturas o cambio de titularidade do treito final da estrada autonómica OU-103.

A estrada OU-103 (Maceda (OU-104)-Os Milagres do Medo), pertence á rede secundaria da Xunta de Galicia, discorre polo municipio de Baños de Molgas desde o punto quilométrico 2+600 ata o seu remate e é a única estrada de titularidade autonómica que discorre por este concello.

O treito obxecto de transferencia constitúe o treito final da estrada OU-103. Este treito final (do punto quilométrico 4+870 ao punto quilométrico 5+090) constitúe o acceso ao santuario dos Milagres do Medo e carece de funcionalidade dentro da rede autonómica.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo co informe emitido polos servizos competentes, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade do treito que se define no artigo 1.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día sete de maio de dous mil vinte e un,

DISPOÑO:

Artigo 1

– Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Baños de Molgas de:

Clave

Denominación

PQi

Coordenadas UTM (ETRS89)

PQf

Coordenadas UTM (ETRS89)

OU-103

Maceda (OU-104)-Os Milagres do Medo

4+870

X=612.834

Y= 4.676.496

5+090

X=613.046

Y=4.676.499

– Modificar o Decreto 308/2003, do 26 de xuño, da relación de estradas da Comunidade Autónoma de Galicia do seguinte xeito:

Estrada

Rede

Denominación

Clave anterior

OU-103

S

Maceda (OU-104)-Os Milagres do Medo (Deput.)

OU-103

Artigo 2

En aplicación dos números 4 e 6 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Baños de Molgas deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír o cambio de titularidade a que se refire este decreto.

Artigo 3

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo no día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Artigo 4

Corresponden ao Concello de Baños de Molgas, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que poida corresponderlle como nova Administración titular das estradas.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, sete de maio de dous mil vinte e un

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade