Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 24 de maio de 2021 Páx. 25540

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se modifica a Resolución do 13 de xaneiro de 2021 pola que se aproba a renovación do Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla para o ano 2021.

Antecedentes:

Primeiro. Mediante a Resolución do 13 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, aprobouse a renovación do Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla para o ano 2021 (DOG núm. 17, do 27 de xaneiro, e corrección de erros no DOG núm. 23, do 4 de febreiro).

Segundo. O anexo A da citada resolución establece a relación de embarcacións e tripulantes autorizados a participar neste plan de aproveitamento.

Terceiro. Os días 15.2.2021 e 2.3.2021, o representante da Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Rianxo solicitou a modificación da tripulación das embarcacións Espada e O Quinso, respectivamente, xunto coa xustificación destes cambios.

Cuarto. O día 15.3.2021, o representante da Confraría de Pescadores Santiago Apóstol do Carril solicitou a modificación da tripulación das embarcacións María del Carmen e, o día 7.4.2021, solicitou a inclusión da embarcación Tilocha Primera que substitúe a embarcación Tilocha.

Quinto. O día 11.5.2021, o representante da confraría do Carril remitiu a documentación da embarcación Tilocha Primera e continúa así a tramitación de modificación do anexo A do plan de anguía.

Sexto. O cambio de tripulantes e a inclusión desta nova embarcación non supón un aumento do esforzo pesqueiro respecto do aprobado en anos anteriores, polo que o Servizo de Patrimonio Natural emitiu informe favorable sobre estes cambios.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A normativa de aplicación para a resolución deste procedemento vén determinada polo Decreto 130/2011, do 9 de xuño, polo que se regula a pesca profesional da anguía nas augas continentais competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, así como pola Lei 2/2021, do 8 de xaneiro, de pesca continental de Galicia (DOG núm. 9, do 15 de xaneiro), e polo Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (DOG núm. 106, do 4 de xuño).

Segundo. O artigo 9 do Decreto 130/2011 dispón que se poderán renovar os plans de aproveitamento específico de anguía por períodos dun ano, sempre que se cumpran as condicións e os informes previstos nos puntos dous e tres do dito artigo.

Terceiro. Segundo o Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e o Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, corresponde a esta consellería, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, a ordenación, a conservación, a protección, o fomento e o aproveitamento sustentable dos recursos cinexéticos e piscícolas nas augas continentais.

Resolución:

Visto o exposto, acórdase a modificación do anexo A da Resolución do 13 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se aproba a renovación do Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla para o ano 2021, que queda como segue:

Relación de embarcacións e tripulantes autorizados no Plan de
aproveitamento da anguía no río Ulla para o ano 2021

Confraría de Pescadores Santiago Apóstol do Carril

Núm.

Embarcación

Matrícula

Participantes no plan

1

Ángeles

VILL-3ª-10.128

José Manuel Pesado Romay

Juan Gabino Campos Taibo

Tatiana Pesado Batalla

2

Auxiliar Pesado

VILL-3ª-8.707

Roberto Barreiro Pesado

Gerardo Barreiro Pesado

3

Camba

VILL-3ª-9.952

Elena Lago Pérez

Ricardo Jueguen Martínez

Hugo Soto Bemposta

4

Eu

VILL-3ª-10.223

Ramón Barreiro Blanco

Juan Francisco García Cameán

5

Gima

VILL-3ª-4.092

José Barreiro Blanco

Carmelo Campos Taibo

Mª Luz Rodríguez Potel

6

María del Carmen

VILL-3ª-2.652

Alfonso Barreiro Ferreirós

7

Porto

VILL-3ª-10.131

Rafael Ozores Grande

Begoña Barreiro Ferreirós

8

Tami Uno

VILL-3ª-3-2-08

José Ángel Pesado Taibo

Alejandro Pesado Taibo

9

Vicenta

VILL-3ª-10.156

Miguel Barreiro Blanco

Miguel Ángel Campos Taibo

10

Xurxo

VILL-3ª-8-91

José Manuel Diz Álvarez María

Begoña Gerpe Jamardo

11

Tilocha Primera

VILL-3ª-3-21

Antonio Pesado Romay

Marcos Pesado Portas

Iván Pesado Portas

Total: 11 embarcacións-25 tripulantes.

Confraría de Pescadores Virxe do Carmen de Rianxo

Núm.

Embarcación

Matrícula

Participantes no plan

1

O Quinso

VILL-3-21-8

Serafín Rubio Collazo

Manuel Gómez Gómez

2

Curota

VILL-3-4-02

Manuel Vidal Galbán

Eloy Vidal Galbán

María Vanesa Pérez Abuín

3

Espada

VILL-3-9473

Jorge Rubio Collazo

Paula Comojo Moares

4

Paraná

VILL-3-12-96

José Luis Silva Conde

Obdulia Conde Rañó

5

Peruco

VILL-3-9-98

Xacobo Vicente Patiño

Juan Vicente Patiño

Total: 5 embarcacións-11 tripulantes.

Contra a presente resolución poderá interporse recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no prazo dun mes desde a publicación desta, segundo o recollido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Pontevedra, 12 de maio de 2021

José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra