Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 18 de maio de 2021 Páx. 24325

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cangas

EDICTO (divorcio contencioso 453/2017).

Eu, José Luis Campos Ramos, letrado da Administración de Xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cangas, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento DCT 453/2017 seguido por instancia de Isabel Costa Hermelo fronte a Juan José Menduiña Coya ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 121/2018.

Cangas, 24 de outubro de 2018.

Vistos por min, Sonia Platas Seoane, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 desta localidade e o seu partido xudicial, os autos de divorcio contencioso núm. 453/2017, promovidos por Isabel Costa Hermelo, representada polo procurador dos tribunais Faustino Maquieira Gesteira e asistida polo letrado José Carlos Hermelo Fernández, contra Juan José Menduiña Coya, declarado en situación de rebeldía procesual, autos dos que resultan os seguintes.

Decido:

Que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta por Isabel Costa Hermelo, representada polo procurador dos tribunais Faustino Maquieira Gesteira, contra Juan José Menduiña Coya, en rebeldía procesual, e declaro disolto por divorcio o matrimonio contraído entre os litigantes con data do 8 de outubro de 1994, con todos os efectos legais que esta declaración conleva.

A sentenza firme de divorcio producirá, respecto dos bens do matrimonio, a disolución do réxime económico matrimonial, cuxa liquidación se poderá levar polo procedemento previsto nos artigos 806 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

Todo iso sen expresa imposición en canto ás custas procesuais causadas.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación dentro dos 20 días seguintes ao da súa notificación ante a Audiencia Provincial.

Firme esta resolución, líbrese mandamento ao Rexistro Civil en que consta inscrito o matrimonio dos litigantes, ao que se acompañará testemuño dela, co fin de que proceda a anotar a súa parte dispositiva á marxe da correspondente inscrición de matrimonio.

Así por esta miña sentenza, da cal se unirá testemuño aos autos da súa razón, o pronuncioo, mandoo e asinoo».

E atopándose o dito demandado, Juan José Menduiña Coya en paradoiro descoñecido, expídese este co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Cangas, 27 de setembro de 2019

O letrado da Administración de xustiza