Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 18 de maio de 2021 Páx. 24323

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO de notificación de sentenza (xuízo verbal 865/2019).

Eu, María del Mar Pino Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, anuncio que neste procedemento de xuízo verbal 865/2019 seguido por instancia de Gallega de Licores y Bebidas, S.L. fronte a Araceli Mariño Camiña pronunciouse sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 237/2020

Vigo, 10 de decembro de 2020

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal que co número 65/2019 se seguen por instancia de Gallega de Licores y Bebidas, S.L., que compareceu representada polo procurador José Vicente Gil Tránchez e foi dirixida polo letrado Manuel Míguez Senra, contra de Araceli Mariño Camiña, declarada en situación de rebeldía procesual, os cales teñen por obxecto unha pretensión de cumprimento contractual.

Decido:

Acollo totalmente a demanda interposta por Gallega de Licores y Bebidas, S.L. contra de Araceli Mariño Camiña, facendo, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

1º. Condeno a Araceli Mariño Camiña a pagarlle a Gallega de Licores y Bebidas, S.L., a cantidade de 1.142,96 euros. Reportando a mesma unha indemnización pola demora do 8 %, que se contará desde a data de vencemento de cadansúa factura. A demandada tamén lle aboará á demandante a cantidade de 40 euros, en concepto de indemnización por custos de cobramento.

2º. Condeno a Araceli Mariño Camiña a pagar as custas do presente proceso.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás cales se lles fará saber que esta é firme e que contra ela non cabe formular recurso de ningún tipo.

Así o acordo, mando e asino».

E atopándose a demandada, Araceli Mariño Camiña, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 18 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza