Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 18 de maio de 2021 Páx. 24321

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (202/2020).

Eu, María Dolores Prieto Rascado, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Carlos Alonso Rodríguez ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza 107/2021.

Ourense, 8 de abril de 2021.

Vistos por min, en audiencia pública, os presentes autos de xuízo ordinario, rexistrado co número arriba indicado, sobre acción de elevación a público de escrito de compravenda privada, seguido por instancia de Carlos Alonso Rodríguez, con DNI ***7533**, que actúa en nome propio e para a súa comunidade de gananciais formada con Delia Álvarez Ferreira, con DNI ***5935**, representado pola procuradora Sra. Cereijo Ruíz, asistido pola letrada Elena Fraga Paradela, contra Sergio Ferreira Álvarez, pasaporte expedido polo cónsul de España en Santo Domingo, núm. 169/79, e Amanda López Pérez, pasaporte expedido polo cónsul de España en Santo Domingo, núm. 167/79, en situación de rebeldía procesual, recae a presente con base no seguinte.

Seguen os antecedentes de feito e os fundamentos de dereito.

Decido:

Acoller a demanda presentada pola procuradora Sra. Cereijo Ruíz, na representación de Carlos Alonso Rodríguez, con DNI ***7533**, que actúa en nome propio e a beneficio da sociedade de gananciais que forma coa súa esposa Delia Álvarez Ferreira, contra Sergio Ferreira Álvarez, pasaporte expedido polo cónsul de España en Santo Domingo, núm. 169/79, e Amanda López Pérez, pasaporte expedido polo cónsul de España en Santo Domingo, núm. 167/79, e en consecuencia, debo declarar e declaro a obrigación dos demandados de elevar a escritura pública o contrato privado de compravenda do 26 de decembro de 1987, debo condenar e condeno os demandados a proceder á devandita elevación a escritura pública no prazo de 10 días contados desde a firmeza da presente resolución, co apercibimento que, de non proceder nos termos indicados, se outorgará escritura pública polo xulgado e polo demandante á súa costa, e a presente resolución xudicial suplirá a vontade dos demandados.

Todo isto con imposición de custas á parte demandada.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e que na súa contra poderán interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación, na forma prevista nos artigos 457 e seguintes da LAC, que resolverá a Audiencia Provincial de Ourense.

Líbrese testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais, e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así o pronuncio, mando e asino. E atopándose os ditos demandados, en situación de rebeldía procesual, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma a estes.

Ourense, 19 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza