De conformidade co establecido nos artigos 44, 45.1 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, Lei 39/2015), notifícaselle á persoa interesada que a seguir se relaciona un requirimento de emenda do seu escrito presentado nunha oficina de Correos de Lugo o día 8 de xaneiro de 2021, devolto polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar.
De conformidade co artigo 68.1 da Lei 39/2015: «Se a solicitude de iniciación non reúne os requisitos que sinala o artigo 66 e, se for o caso, os que sinala o artigo 67 ou outros exixidos pola lexislación específica aplicable, requirirase a interesada para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se terá por desistido da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21».
A persoa interesada, durante este prazo, poderá presentarse ante a Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC), Lugo, situada na rolda de Fingoi, 170, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido do citado requirimento.
Expediente: requirimento de emenda.
Data: 13 de xaneiro de 2021.
Materia: conciliación previa á xurisdición laboral.
Persoa interesada: Marta López Sánchez.
Enderezo: avenida de Magoi, 49, 3º C, 27002 Lugo.
Lugo, 30 de abril de 2021
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo