Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 18 de maio de 2021 Páx. 24363

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 30 de abril de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica un requirimento de emenda.

De conformidade co establecido nos artigos 44, 45.1 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, Lei 39/2015), notifícaselle á persoa interesada que a seguir se relaciona un requirimento de emenda do seu escrito rexistrado o día 5 de abril de 2021, devolto polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar.

De conformidade co artigo 68.1 da Lei 39/2015: «Se a solicitude de iniciación non reúne os requisitos que sinala o artigo 66 e, se for o caso, os que sinala o artigo 67 ou outros exixidos pola lexislación específica aplicable, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se terá por desistido da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21».

A persoa interesada, durante este prazo, poderá presentarse ante a Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC), Lugo, situada na rolda de Fingoi, 170, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido do citado requirimento.

Expediente: requirimento de emenda.

Data: 6 de abril de 2021.

Materia: conciliación previa á xurisdición laboral.

Persoa interesada: Raúl Basanta Miragaya.

Enderezo: Baro-Ferreira-Lanzos, 54, 27800 Vilalba, Lugo.

Lugo, 30 de abril de 2021

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo