Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 18 de maio de 2021 Páx. 24361

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 30 de abril de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, de notificación do inicio do trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2015/0433-1.

Unha vez intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a seguir, sen que se puidese efectuar, notifícaselles mediante este anuncio o inicio do trámite de audiencia, de conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Dispoñen dun prazo de oito días, a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE, durante o cal poderán comparecer nas dependencias desta xefatura territorial, na rúa Salvador de Madariaga 9-1º (Centro Comercial Elviña) na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecer o contido íntegro do expediente.

Cando estea efectuado o devandito trámite, os suxeitos responsables poderán formular novas alegacións no prazo doutros tres días, despois dos que o expediente quedará visto para a proposta de resolución, de conformidade co artigo 18.4 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións da orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social.

A Coruña, 30 de abril de 2021

Judit Fontela Baró
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: RL 2015/0433-1.

Acta inf.: I152015000094775.

Empresa: Malga, S.L.

NIF: B15079874.

Concello: Santiago de Compostela.

Materia: seguridade e saúde.

Documentos que constan no expediente:

– Acta de infracción.

– Xustificantes das notificacións.

– Alegacións da empresa.

– Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social.