Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 18 de maio de 2021 Páx. 24365

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 5 de abril de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica unha resolución ditada no procedemento competencia desta xefatura territorial (expediente BS626F27028026020).

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 de Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase mediante este anuncio a persoa interesada relacionada no anexo para proceder á notificación da resolución do recurso de alzada presentado por ela, ao ser devolta polo servizo de Correos, para os efectos de que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), compareza persoalmente ou debidamente representada na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Lugo, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rolda da Muralla, núm. 70, baixo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos do coñecemento do texto íntegro da dita resolución e advertíndolle que, de non o facer así, se terá por notificada no momento do vencemento do prazo para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírtese que contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo, perante a xurisdición competente, no prazo de dous (2) meses desde o día seguinte ao da súa notificación efectuada por comparecencia, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 5 de abril de 2021

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Persoa interesada

DNI/NIE

Núm. de expediente

Data de resolución

76582013V

BS626F27028026020

Recurso desestimado 3.3.2021