Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 14 de maio de 2021 Páx. 24108

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos de Unións Agrarias-UPA.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito dos estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos de Unións Agrarias-UPA.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poderán ser asociados/as de Unións Agrarias-UPA, a) Os/as agricultores/as, gandeiros/as e propietarios/as forestais. As cooperativas agrarias, as sociedades agrarias de transformación, as asociacións de produtores, calquera autónomo/a que desenvolva a súa actividade no medio rural de Galicia. d) Os/as técnicos/as, titulados agrarios e forestais ou profesionais en xeral que exerzan actividades relacionadas coas explotacións agrarias ou co medio rural.

– Asinantes: Monserrat López Mosquera e Samuel Lago Ozón.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2021

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais