Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 14 de maio de 2021 Páx. 24107

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Gallega de Empresas de Ingeniería, Consultoría y Servicios Tecnológicos (Ageinco).

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito dos estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos da Asociación Gallega de Empresas de Ingeniería, Consultoría y Servicios Tecnológicos (Ageinco).

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poderán ser asociadas as persoas físicas ou xurídicas e os organismos, como colexios profesionais, centros tecnolóxicos e universidades galegas, con interese en contribuír a desenvolver e alcanzar os obxectivos da asociación.

Asinantes: Marta Isabel Gallego Ramos e Daniel Prieto Renda.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2021

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais