En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito dos estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos da Federación Gallega de la Construcción.
– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
– Ámbito profesional: poden ser membros de pleno dereito da Federación Gallega de la Construcción as organizacións empresariais con domicilio social en Galicia cuxos asociados teñan como actividade principal e ámbito funcional actividades propias do sector da construción.
– Asinante: Diego Vázquez Reino e Verónica Val Vázquez.
Santiago de Compostela, 12 de abril de 2021
Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais