Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 14 de maio de 2021 Páx. 24101

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 5 de abril de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se dá publicidade da declaración comprensiva da situación patrimonial do presidente e membros do Consello da Xunta de Galicia.

O artigo 49.4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece a obriga de todos os cargos públicos incluídos no seu ámbito de aplicación, definido no artigo 37, de cubrir unha declaración comprensiva da súa situación patrimonial, no modelo que aprobe a persoa titular da consellería competente en materia de función pública.

Esta declaración deberá ser presentada no Rexistro de Bens Patrimoniais no prazo dos tres meses seguintes á data de toma de posesión e de cesamento, respectivamente, ante a Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Mediante a Orde do 3 de marzo de 2016, do titular da consellería competente en materia de función pública, aprobáronse os modelos oficiais de declaracións que deben formular os altos cargos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 44, do 4 de marzo).

En virtude do Real decreto 809/2020, do 3 de setembro (BOE núm. 237, do 4 de setembro), Alberto Núñez Feijóo tomou posesión no cargo de presidente da Xunta de Galicia e presentou o anexo IV, Contido da declaración de bens patrimoniais para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, no Rexistro de Bens Patrimoniais de Altos Cargos.

En virtude do Decreto 111/2020, do 6 de setembro, cesaron, e polo Decreto 112/2020, do 6 de setembro (DOG núm. 181, do 7 de setembro), foron nomeados os titulares dos departamentos da Xunta de Galicia, que tomaron posesión nos seus respectivos cargos e presentaron cadanseu anexo IV, Contido da declaración de bens patrimoniais para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, no Rexistro de Bens Patrimoniais de Altos Cargos.

Procede, en consecuencia, dar publicidade ao contido dos anexos presentados para tal efecto, comprensivos da situación patrimonial que declaran no momento do seu nomeamento, e que se publican como anexo a este anuncio.

Tal e como consta no referido modelo anexo IV:

1. Non se inclúen os seguros de vida.

2. No suposto de bens indivisos, indícase o valor que corresponde segundo a porcentaxe de participación do declarante no ben ou dereito patrimonial.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2021

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Titular do cargo: Alberto Núñez Feijóo.

Cargo público orixe da declaración: presidente da Xunta de Galicia.

Motivo: toma de posesión.

I. Activo.

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 232.092,25 € (bens pendentes de valoración catastral).

2. Valor total doutros bens: 319.841,70 €.

3. Total: 551.933,95 €.

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.): 238.000,00 €.

Titular do cargo: Alfonso Rueda Valenzuela.

Cargo público orixe da declaración: vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo.

Motivo: toma de posesión.

I. Activo.

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 46.883,59 €.

2. Valor total doutros bens: 45.399,00 €.

3. Total: 92.282,59 €.

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.): 66.750,00 €.

Titular do cargo: Francisco José Conde López.

Cargo público orixe da declaración: vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación.

Motivo: toma de posesión.

I. Activo.

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 83.886,20 €.

2. Valor total doutros bens: 23.625,54 €.

3. Total: 107.511,74 €.

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.): 109.977,41 €.

Titular do cargo: Valeriano Martínez García.

Cargo público orixe da declaración: conselleiro de Facenda e Administración Pública.

Motivo: toma de posesión.

I. Activo.

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 123.872,58 €.

2. Valor total doutros bens: 18.241,28 €.

3. Total: 142.113,86 €.

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.): 83.291,91 €.

Titular do cargo: Ángeles Vázquez Mejuto.

Cargo público orixe da declaración: conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Motivo: toma de posesión.

I. Activo.

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 1.502,53 €.

2. Valor total doutros bens: 176.206,33 €.

3. Total: 177.708,86 €.

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.): 5.276,77 €.

Titular do cargo: Ethel María Vázquez Mourelle.

Cargo público orixe da declaración: conselleira de Infraestruturas e Mobilidade.

Motivo: toma de posesión.

I. Activo.

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 90.500,64 €.

2. Valor total doutros bens: 53.829,27 €.

3. Total: 144.330,01 €.

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.):

Titular do cargo: Román Rodríguez González.

Cargo público orixe da declaración: conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Motivo: toma de posesión.

I. Activo.

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 127.126,50 €.

2. Valor total doutros bens: 105.261,00 €.

3. Total: 232.387,50 €.

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.): 89.641,00 €.

Titular do cargo: Mª Jesús Lorenzana Somoza.

Cargo público orixe da declaración: conselleira de Emprego e Igualdade.

Motivo: toma de posesión.

I. Activo.

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 177.046,69 €.

2. Valor total doutros bens: 173.782,275 €.

3. Total: 350.828,965 €.

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.): 259.952,86 €.

Titular do cargo: Julio García Comesaña.

Cargo público orixe da declaración: conselleiro de Sanidade.

Motivo: toma de posesión.

I. Activo.

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 85.841,37 €.

2. Valor total doutros bens: 11.895 €.

3. Total: 97.736,37 €.

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.): 138.966,5 €.

Titular do cargo: Fabiola García Martínez.

Cargo público orixe da declaración: conselleira de Política Social.

Motivo: toma de posesión.

I. Activo.

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 87.158,80 €.

2. Valor total doutros bens: 34.906 €.

3. Total: 122.064,8 €.

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.):

Titular do cargo: José González Vázquez.

Cargo público orixe da declaración: conselleiro do Medio Rural.

Motivo: toma de posesión.

I. Activo.

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 50.107,50 €.

2. Valor total doutros bens: 284.766,24 €.

3. Total: 334.873,74 €.

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.): 103.539,36 €.

Titular do cargo: Rosa María Quintana Carballo.

Cargo público orixe da declaración: conselleira do Mar.

Motivo: toma de posesión.

I. Activo.

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 51.977,79 €.

2. Valor total doutros bens: 26.172,28 €.

3. Total: 78.150,07 €.

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.): 50.865,96 €.