Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 14 de maio de 2021 Páx. 24109

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos do Sindicato Médico Profesional de Pontevedra, que pasa a denominarse Sindicato Profesional de Facultativos.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito dos estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos do Sindicato Medico Profesional de Pontevedra, que pasa a denominarse Sindicato Profesional de Facultativos.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poderán afiliarse os/as licenciados/as en medicina e cirurxía e os titulados/as superiores vinculados á sanidade autonómica galega que así o desexen.

– Asinantes: Manuel Rodríguez Piñeiro e José Víctor Crespo Comesaña.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2021

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais