Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 12 de maio de 2021 Páx. 23785

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3492/2020 RMR).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso suplicación 3492/2020 seguido por instancia de Juan Manuel Orgueira Cambon contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Ibermutua mutua colaboradora coa SS nº 274 (Fusión Mutua Gallega Ibermutuamur, Texcomcor-2007, S.L., sobre accidente de grao, ditouse a seguinte resolución:

«Resolvemos: desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de Juan Manuel Orgueira Cambon contra a Sentenza do 19.11.2019 ditada polo Xulgado do Social número 5 da Coruña, en proceso sobre incapacidade permanente, promovido polo recorrente contra o INSS, Ibermutua e Texcomcor 2007, S.L., e confirmamos a sentenza de instancia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, previa devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación á empresa Texcomcor 2007, S.L., en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido na Coruña, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza