Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 12 de maio de 2021 Páx. 23787

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO de notificación de sentenza (865/2020).

No presente recurso de apelación civil nº 865/2020, dimanante de execución hipotecaria n° 113/2018 do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cambados, seguido por instancia da apelante Procogal, S.L., fronte á Sareb, S.A. e Investcon 2002, S.L., ditouse auto cuxo teor literal é o seguinte:

«Auto nº 35/2021.

Maxistrados:

Francisco Javier Menéndez Estébanez

María Begoña Rodríguez González

Jacinto José Pérez Benítez

Pontevedra, 22 de febreiro de 2021.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Parte dispositiva.

Que rexeitamos o recurso de apelación presentado pola representación procesual de Progogal, S.L. e, na súa consecuencia, procede a devolución dos autos ao xulgado de orixe co fin de que acorde o procedente respecto ao despacho da execución. Non se efectúa pronunciamento en custas. Contra a presente resolución non caben recursos.

Así o mandan e asinan os maxistrados indicados. Dou fe».

E estando a devandita demandada Investcon 2002, S.L. en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación na forma.

Pontevedra, 8 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza