Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 12 de maio de 2021 Páx. 23788

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO de notificación de sentenza (315/2021).

No procedemento de referencia ditouse a resolución co encabezamento e coa resolución que son do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 315/2021

Ourense, 19 de abril de 2021

Luis Doval Pérez, maxistrado xuíz de reforzo do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, viu os presentes autos sobre garda, custodia e alimentos de filla non matrimonial, promovidos por Jokasta Ortega de la Rosa, representada pola procuradora María Mercedes Fernández Prol e asistida polo letrado Benito Rodríguez Bouzas, contra Polonio Ortega Fabián, en situación de rebeldía procesual, e sendo parte o Ministerio Fiscal.

Que estimando a demanda formulada pola procuradora María Mercedes Fernández Prol, en nome e representación de Jokasta Ortega de la Rosa fronte a Polonio Ortega Fabián, acordo as seguintes medidas definitivas relativas á menor Y.O.O.:

1. Garda e custodia. Atribúese a garda e custodia da filla menor á súa nai Jokasta Ortega de la Rosa, a quen se lle atribúe o exercicio exclusivo da patria potestade, polo que poderá decidir en exclusiva sobre as decisións relativas á escolarización da menor, os trámites ou as autorizacións administrativas, como a autorización para saír ao estranxeiro, a obtención ou renovación de pasaporte, etc., sen prexuízo da titularidade conxunta da patria potestade.

Non se establece réxime de visitas a favor do pai non custodio.

2. Pensión de alimentos. O pai aboará en concepto de alimentos a favor da filla menor a suma de 100 € mensuais. O referido importe actualizarase anualmente de conformidade co IPC á fin de cada anualidade e deberá ser ingresado dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta que a nai designe para o efecto.

Así mesmo, ambos os proxenitores deberán satisfacer o 50 % dos gastos extraordinarios debidamente acreditados.

Non se efectúa expresa condena en custas.

Notifíqueselles ás partes esta sentenza, facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación, que deberán interpor ante este xulgado dentro dos vinte días seguintes ao da súa notificación, para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Ourense, logo da consignación do depósito previsto na disposición adicional décimo quinta da LOPX.

Así o ordeno, mando e asino».

E como consecuencia do paradoiro ignorado de Polonio Ortega Fabián, expídese o presente edicto para que lle sirva de cédula de notificación.

Ourense, 19 de abril de 2021

O/a letrado/a da Administración de xustiza