Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 11 de maio de 2021 Páx. 23607

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 510/2018-CBO).

Tipo e número de recurso: RSU. Recurso de suplicación 510/2018-CBO

Materia: outros dereitos de seguridade social

Recorrente: Francisco Troncoso Troncoso

Recorridos: Fogasa, Armadilla, S.L., Manuel Vaqueiro, S.L., Rocas de Porriño, S.L., Granitos Mondariz, S.L., José Ramón López Romero e Granitos Gris Rosa, S.L.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 2 de Vigo. Procedemento ordinario 976/2016

Eu, Carmen Iglesias Fungueiro, letrada da Administración de xustiza e da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no recurso de suplicación 510/2018 desta sección, seguido por instancia de Francisco Troncoso Troncoso contra Fogasa, Armadilla, S.L., Manuel Vaqueiro, S.L., Rocas de Porriño, S.L., Granitos Mondariz, S.L., José Ramón López Romero e Granitos Gris Rosa, S.L., sobre outros dereitos de seguridade social, o Tribunal Supremo ditou a Sentenza do 16 de febreiro de 2021 en que resolve o recurso de casación para unificación de doutrina no seu día interposto, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Fallo:

Por todo o exposto, en nome do rei e pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu: 1. Desestimar o recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo letrado Alfredo Briales de Porcioles, en nome e representación de Francisco Troncoso Troncoso. 2. Declarar a firmeza da sentenza impugnada, ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o 5 de xullo de 2018, aclarada mediante o Auto do 23 de xullo de 2018, no recurso de suplicación seguido baixo o número 510/2018.
3. Sen imposición de custas».

Para que sirva de notificación en legal forma a Rocas de Porriño, S.L. e Granitos Gris Rosa, S.L., en ignorado paradoiro, sen prexuízo de facer as investigacións oportunas, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza