Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 11 de maio de 2021 Páx. 23609

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3310/2020-RMR).

Tipo e número de recurso: RSU. Recurso de suplicación 3310/2020

Xulgado de orixe/autos: PO. Procedemento ordinario 1212/2017. Xulgado do Social número 2 da Coruña

Recorrente: Maximino Rellán Souto

Avogado: Marcos Guerra Mengual

Recorridos: Fogasa, Poligal Innova, S.L.

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3310/2020, seguido por instancia de Maximino Rellán Souto contra Fogasa e Poligal Innova, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos que desestimamos o recurso de suplicación formulado polo demandante, Maximino Rellán Souto, contra a Sentenza do 17 de febreiro de 2020, ditada polo Xulgado do Social número 2 da Coruña no procedemento 1212/2017, seguido contra a empresa Poligal Innova, S.L. e o Fogasa, e confirmamos a expresada resolución.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo Observacións ou Concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Poligal Innova, S.L., en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido na Coruña, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza