Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 11 de maio de 2021 Páx. 23663

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 27 de abril de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 23 de abril de 2021 relativa ao acto de conciliación formulado polos representantes do monte veciñal en man común Arriba ou Corredoira, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Cabaleiros, A Santa Cruz e Tedós, e o monte veciñal en man común Cerdeiriñas e Baños, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Carreiras, no concello de Lobeira.

Examinada a solicitude de conciliación formulada polos representantes do MVMC Arriba ou Corredoira, pertencente á CMVMC de Cabaleiros, A Santa Cruz e Tedós, e o MVMC Cerdeiriñas e Baños, pertencente á CMVMC de Carreiras, no concello de Lobeira, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. Con data do 4 de xaneiro de 2019 o presidente da CMVMC de Cabaleiros, A Santa Cruz e Tedós presentou un escrito no rexistro electrónico da Xunta de Galicia (nº 2019/rx 16319) relativo a un acto de deslinde entre a citada comunidade de montes veciñais en man común e a de Carreiras, no concello de Lobeira.

Entre outra documentación, achegou un auto e acta de conciliación do Xulgado de Paz de Lobeira, as certificacións de aprobación do deslinde por ambas as CMVMC, así como arquivos informáticos cos vértices do deslindamento.

Segundo. O informe do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense do 15 de outubro de 2019 considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, aínda que non consta unha acta do deslindamento nin se achega memoria.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A presente resolución dítase ao abeiro do artigo 53 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segundo. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que hai seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común acordou por unanimidade o día 25 de novembro de 2020:

Aprobar o acto de conciliación acadado polas xuntas reitoras dos MVMC Arriba ou Corredoira, pertencente á CMVMC de Cabaleiros, A Santa Cruz e Tedós, e o MVMC Cerdeiriñas e Baños, pertencente a Carreiras, no concello de Lobeira, de acordo co informe do Servizo de Montes do 15 de outubro de 2019.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 27 de abril de 2021

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense