Eu, Fátima García Castro, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 235/2018 deste xulgado do social, seguidos contra a empresa Galipasa, S.L., e coa intervención de Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:
Parte dispositiva:
Dispoño:
1. Aclarar a Sentenza ditada con data do 25 de marzo de 2021 nos seguintes termos:
Onde di que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Miriam Rosa Moreno Vásquez fronte a Galipasa, S.L., con intervención procesual do Fogasa, e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que abone á demandante a cantidade de 1.297,74 euros, a incrementar cos xuros previstos no artigo 29.3 do ET.
Debe dicir que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Miriam Rosa Moreno Vásquez fronte a Galipasa, S.L., con intervención procesual do Fogasa, e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que abone á demandante a cantidade de 1.384,25 euros, a incrementar cos xuros previstos no artigo 29.3 do ET.
2. Incorporar esta resolución ao libro que corresponda e levar testemuño aos autos.
Notifíquese ás partes,
Contra este auto non cabe interpoñer recurso ningún distinto ao que, de ser o caso, poida interpoñerse fronte á resolución aclarada.
Así o acorda e asina SSª. Dou fe.
E para que sirva de notificación en legal forma á mercantil Galipasa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario oficial de Galicia.
A Coruña, 15 de abril de 2021
A letrada da Administración de xustiza