Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 10 de maio de 2021 Páx. 23432

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Viveiro

EDICTO (384/2019).

Eu, Carlos Neira Pereira, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Viveiro, anuncio:

Que no presente procedemento de divorcio contencioso nº 384/2019, seguido por instancia de Loida Paredes García, se ditou Sentenza nº 36/2021 da cal, de entre outros pronunciamentos, se deberá publicar o seguinte extracto tal e como establece o artigo 497.2 da Lei de axuizamento civil:

Sentenza.

Xuíza: Mª Yanet Puga Pérez.

Data: 18 de febreiro de 2021.

Lugar: Viveiro.

Procedemento: divorcio contencioso nº 384/2019.

Demandante: Loida Paredes García.

Procuradora: María José Otero Rodríguez.

Letrado: José Manuel Oliveros Rodríguez.

Demandado: Walter Donizete Junior.

Demandado: Ministerio Fiscal.

(…)

Resolvo:

Que, admitindo a demanda interposta pola procuradora Sra. Otero Rodríguez, en nome e representación de Loida Paredes García, contra Walter Donizete Junior, debo decretar e decreto a disolución por divorcio do matrimonio contraído por ambos, o día 16 de novembro de 2007, no Rexistro Civil de Foz, e acordo como medidas definitivas unicamente a revogación dos consentimentos e poderes que os cónxuxes se outorgaran e a disolución do réxime económico-matrimonial.

Non se fai expresa imposición das custas procesuais.

Inscríbase a presente resolución no Rexistro Civil de Foz.

A presente resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de vinte días contados desde a súa notificación, para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Lugo.

E estando en paradoiro descoñecido o demandado Walter Donizete Junior, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación na forma á parte demandada, facéndolle saber que esta está á súa disposición neste xulgado.

Viveiro, 19 de abril de 2021

O letrado da Administración de xustiza