Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 7 de maio de 2021 Páx. 23120

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (EXE 805/2018 MC).

Eu, Alejandro Manuel Rova Fraga, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, fago saber que no presente procedemento exequátur 805/2018, seguido por instancia de Ana Delsa Espinal De la Rosa fronte a Domingo Antonio Rodríguez Santana, se ditou auto, cuxo teor literal é o seguinte:

Auto 269/2021

Xuíza/maxistrada xuíza:

María del Carmen Salvador Mateos.

Vigo, 14 de abril de 2021.

O procurador Juan Carlos Álvarez Vázquez, en nome e representación de Ana Delsa Espinal De la Rosa, presentou, con data 29.11.2018, solicitude de expediente de recoñecemento de resolución estranxeira, sobre sentenza civil administrativa núm. 198/2015, ditada polo Xulgado de Primeira Instancia do distrito xudicial de Constanza, en funcións de tribunal de nenos, nenas e adolescentes, República Dominicana, con data 11.6.2015.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Parte dispositiva

Acordo:

1. Estimar a petición de recoñecemento da resolución estranxeira efectuada polo procurador Juan Carlos Álvarez Vázquez, en nome e representación de Ana Delsa Espinal De la Rosa, fronte a Domingo Antonio Rodríguez Santana e declarar recoñecida, válida e executable en España a sentenza de garda, custodia e coidado de Kenny Gabriel Rodríguez Espinal e Ana Keisy Rodríguez Espinal, ditada polo Xulgado de Primeira Instancia do distrito xudicial de Constanza, en funcións de tribunal de nenos, nenas e adolescentes (República Dominicana), con data 11.6.2015.

2. Unha vez notificada esta resolución, expídase testemuño dela para a súa anotación marxinal no Rexistro Civil de Madrid, onde consta a inscrición.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne, dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela. Na interposición do recurso o apelante deberá expoñer as alegacións en que se basee a impugnación, ademais de citar a resolución apelada e os pronunciamentos que impugna. O dito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigos 456.2 e 458 da LAC).

E ao estar o devandito demandado, Domingo Antonio Rodríguez Santana, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 16 de abril de 2021

O letrado da Administración de xustiza