Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 7 de maio de 2021 Páx. 23118

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Segunda)

EDICTO de notificación de resolución (RSU 3112/2020).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 3112/2020

xulgado de orixe/autos: SSS Seguridade Social 277/2018 Xulgado do Social número 2 de Ferrol

Recorrente: Juan José Rodríguez Ferreira

Avogado: Manuel Casal Fraga

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Ibermutua Mutua Colaboradora coa SS nº 274 (Fusión Mutua Galega Ibermutuamur, Fremap, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais nº 61, José Manuel Pazos Naveira, empresa Travesa Sociedad Cooperativa Gallega

Avogado: letrado da Seguridade Social, letrado da Tesouraría da Seguridade Social, Pablo Torrado Oubiña, María de los Ángeles Gómez Lage

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento do recurso suplicación 3112/2020 desta sección, seguido por instancia de Juan José Rodríguez Ferreira contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeneral da Seguridade Social, Ibermutua Mutua Colaboradora coa SS nº 274 (Fusión Mutua Galega Ibermutuamur, Fremap, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais nº 61, Jose Manuel Pazos Naveira, Empresa Travesa Sociedad Cooperativa Gallega, sobre accidente de grao, foi ditada resolución no 13 de abril de 2021 cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Desestimando totalmente o recurso de suplicación interposto por Juan José Rodríguez Ferreira contra a Sentenza do 28 de outubro de 2019 do Xulgado do Social número 2 de Ferrol, ditada en xuízo seguido por instancia do recorrente contra a Mutua Colaboradora da Seguridade Social Galega (Ibermutuamur), a Mutua Colaboradora da Seguridade Social Fremap, José Manuel Pazos Naveira, a entidade Travesa Sociedad Cooperativa Gallega, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesourería Xeral da Seguridade Social, a Sala confírmaa integramente».

E para que sirva de notificación en legal forma a José Manuel Pazos Naveira e á empresa Travesa Sociedad Cooperativa Gallega, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de abril de 2021

A letrada da Administraciónde xustiza