Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 7 de maio de 2021 Páx. 23117

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Segunda)

EDICTO (RSU 3135/2020).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3135/2020 desta sección, seguido por instancia de Antonio Varela Vázquez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesourería Xeral da Seguridade Social, Marco Energy System, S.L. e Asepeyo, sobre accidente, se ditou Resolución do 14 de abril de 2021, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Rexeitamos o recurso de suplicación formulado polo demandante Antonio Varela Vázquez contra a Sentenza do 13 de xaneiro de 2020, ditada polo Xulgado do Social número 2 da Coruña, no procedemento número 291/2017, seguido contra o INSS, a TXSS, a Mutua Asepeyo e a empresa Marco Energy System, S.L.U., e confirmamos a expresada resolución».

E para que sirva de notificación na forma legal a Marco Energy System, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza