Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 6 de maio de 2021 Páx. 22999

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (SSS 152/2019).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 152/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Sánchez Puga contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Fremap, Fontanería Igléquez, S.L., sobre Seguridade Social, se ditou Sentenza do 7 de abril de 2021, contra a que se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de 5 días.

Fáiselles saber aos interesados, que poderán ter coñecemento íntegro da devandita resolución na secretaría deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Fontanería Igléquez, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza