Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 6 de maio de 2021 Páx. 22998

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (168/2019).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se segue xuízo da clase procedemento ordinario baixo o número 168/2019, no cal figura como interveniente Natidulce, S.L. e no cal se sinalou conciliación e/ou xuízo para o día 31 de maio de 2021, ás 9.40 e 9.45 horas, respectivamente.

Estando esta parte en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto, cumprindo o disposto na Instrución 6/2012, da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e á protección de datos, co fin de que sirva de notificación na forma.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza