Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 6 de maio de 2021 Páx. 23000

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 186/2021).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 186/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de José María Padín Senra contra José Barreiro Ventín, CSM Logística Farmacéutica, S.L., Iconología Servicios y Logística, S.L. e Fidelis Servicios Integrales, S.L., sobre despedimento, se ditaron as seguintes resolucións decreto e citación polas cales se cita de comparecencia a parte demandada para o acto de conciliación e xuízo, para o vindeiro día 26 de maio de 2021, ás 10.55 e 11.05 horas, respectivamente, na sala 3, no edificio da rúa Berlín.

Fáiselles saber que a demanda e os demais documentos quedan á súa disposición na Secretaría deste xulgado.

Ao estar José Barreiro Ventín en paradoiro descoñecido, expídese este edicto en cumprimento do disposto na Instrución 6/2012, da Secretaría Xeral da Administración de xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e á protección de datos, co fin de que lle sirva a notificación en legal forma.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza