Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 6 de maio de 2021 Páx. 23021

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 14 de abril de 2021, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente LU-00609-O-2020 e sete máis).

A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte ditou a resolución do expediente sancionador LU-00609-O-2020 e sete máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores se encontran á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2021

Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF Persoa

sancionada

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-00609-O-2020

9474-HBH

34268280M

A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado.

20.2.2020; 13.28.00; CG-2.2; 52,0

Artigo 141.21 da LOTT

Artigo 19825 do ROTT

Artigo 201.d) do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

401 euros

LU-00935-O-2020

4885-DZG

Y0595368G

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

4.5.2020; 09.23.00; N-640; 88,7

Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros

LU-00936-O-2020

LU-6009-U

X8310262V

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

27.4.2020; 19.19.00; LU-530; 2,9

Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros

OU-00545-O-2020

PO-5903-AG

71449755W

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

8.3.2020; 17.48.00; A-52 saída; 120,0

Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros

XC-00349-O-2020

0557-HZW

48447878B

Realizar transporte público de mercadorías con vehículo conducido por condutor dun país terceira (non da UE) e non levar a bordo o correspondente certificado.

14.10.2019 19.52.00; AP-9 M; 1,2

Artigo 141.9 da LOTT

Artigo 198.10 do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

Artigo 201e) do ROTT

601 euros

XC-00435-O-2020

0891-KS

32772695H

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

1.11.2019; 08.33.00; AC-14; 2,1

Artigo 140.1 da LOTT

Artigo 141.25 da LOTT

Artigo 143.1.k) da LOTT

Artigo 143.1.f) da LOTT

Artigo 143.1 da LOTT

801 euros

XC-00449-O-2020

0759-KXY

47401280M

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

22.11.2019; 11.03.00; AC-552; 58,555

Artigo 140.1 da LOTT

Artigo 141.25 da LOTT

Artigo 143.1.k) da LOTT

Artigo 143.1.f) da LOTT

Artigo 143.1 da LOTT

801 euros

XC-00455-O-2020

3952-GFS

73066793W

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

25.11.2019; 11.13.00; N-651; 24,411

Artigo 140.1 da LOTT

Artigo 141.25 da LOTT

Artigo 143.1.k) da LOTT

Artigo 143.1.f) da LOTT

Artigo 143.1 da LOTT

801 euros