Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 6 de maio de 2021 Páx. 23019

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 14 de abril de 2021, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente PO-00087-O-2020 e catro máis).

A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte ditou a resolución dos expedientes sancionadores número PO-00087-O-2020 e catro máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Nas resolucións dos expedientes sancionadores considerouse que non procedía a imposición de ningunha sanción.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2021

Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF

Persoa sancionada

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

PO-00087-O-2020

PO-5094-BS

76984064M

Exceso de peso igual ou superior ao 25 %.

28.10.2019; 11.13; AP-9; 137,5

Art. 140.23 LOTT

Art. 197.26 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT

Art. 201.h) ROTT

Art. 143.1 LOTT

0 euros

PO-00289-O-2020

PO-0368-AJ

76984064M

O inadecuado funcionamento imputable ao/á transportista do tacógrafo ou dalgún dos seus elementos.

28.11.2019; 10.16; AP-9; 137,542

Art. 140.33 LOTT

Art. 197.38 ROTT

Art. 143.1 LOTT

Art. 201.g) ROTT

0 euros

PO-00290-O-2020

PO-0368-AJ

76984064M

Utilizar a tarxeta doutro/a condutor/a ou unha folla de rexistro con nome ou apelido diferentes aos do/da condutor/a.

28.11.2019; 10.16; AP-9, 137,542

Art. 197.24 ROTT

Art. 140.22 LOTT

Art. 143.1 LOTT

Art. 201.h) ROTT

0 euros

PO-00292-O-2020

PO-0368-AJ

76984064M

Realizar transporte público de mercadorías carecendo de título habilitante.

28.11.2019; 10.16; AP-9; 137,542

Art. 140.1 LOTT

Art. 197.1 ROTT

Art. 143.1 LOTT

Art. 201.i) ROTT

0 euros

PO-00294-O-2020

PO-0368-AJ

76984064M

Realizar transporte público de mercadorías utilizando un/unha condutor/a que carece do CAP.

28.11.2019; 10.16; AP-9; 137,542

Art. 140.18 LOTT

Art. 197.19 ROTT

Art. 143.1 LOTT

Art. 201.h) ROTT

2.001 euros